A L M A (non é hippie)

e ti sintes? estás viva?

Catro mulleres crean na escena unha linguaxe segreda na que resgardar o misterioso silenzo que anima ó corazón da existencia. Unha linguaxe que resiste no que aínda non se pode nomear.

A simple imaxe dunha corda de danza vertical que colga do ceo dun teatro evoca aquelo que nos sostén entre a vida e a morte.

A L M A non cre na reencarnación, pensa que non fai falta ser tan Hippie.
A L M A di que sen os demáis, sen o outro, calquera deixaría de existir.
A L M A non se cre espiritual, senon que se sinte así porque inspira e expira, inspira e expira.

A L M A di que a A L M A non é unha realidade sensible e, por tanto, non pode ser estudiada pola ciencia. Teno claro.

A L M A sabe que a danza é abstracta, por iso, sempre que hai un oco entre movemento e movemento se mete dentro, baila sen control, deixa saír a loucura, exponse sen medo á mirada de todos. Di que se non se fai así se perderá para sempre o lume que habitan as cousas.

A L M A é un proxecto de Danza e Voo vertical que comenza a súa investigación adentrándose na poética que se pode xenerar ao estudar e comprender a fisicalidade dun obxecto aparentemente moi sinxelo: Unha corda que colga do ceo dun teatro.

Image
Image
Image
Image
Image
Image
Dirección e Dramaturgia: Rolando San Martín
Interpretación e Creación: Marta Alonso, Raquel Oitavén, Paula Quintas, Mercé Solé.
Producción e Distribución: Belém Brandido/Pistacatro Productora de Soños S.L.
Iluminación: Fidel Vázquez
Vestiario: Fany Bello
Músicas: Nefasto (Judas Diz) y Gonzalo Bruno
Axudante de Dirección: Maria José Santiago Garde
Fotografia: Rubén Vilanova
Vídeo: Tamboura Films
Colaboran: Agadic · Xunta de Galicia, L´Estruch Fàbrica de Creació, Concello de Negreira, Circonove

Agradecementos a Fernanda Orazzi, Edoardo María Virtú, Pablo Reboleiro, Marco Aurelio, Manuel Lago Galicia Danza Contemporánea.
agadic
compañia determimada
lared
R DE RECOMENDADOS
PRICE
L´ESTRUCH
CIRCORED
¿TRABALLAMOS XUNT@S?

COLABORACIÓNS E CONTRATACIÓNS