Máis de 20 anos creando xuntas
Creadoras, Artistas de Circo, Bailarinas Aéreas e Deseñadoras de Dispositivos e Sistemas Aéreos.
Comezamos no 2001 a nosa viaxe xuntas. Motivadas pola linguaxe dos corpos suspendidos e a súa expresividade.
Impulsámonos a investigar sobre as posibilidades do movemento no espazo aéreo, deseñando para isto, diferentes mecanismos técnicos e aparatos circenses na creación das nosas pezas.
Sempre na búsqueda de outras dimensións escénicas e a súa fisicalidade, construímos un estilo e vocabulario propio. Percorremos Europa cas nosas producións. Como “Aviadoras” que participou no Programa Europeo de Jeunes Talents de Cirque 2009, Berlin Lacht Festival ... Ou “O que queda por chover” no Festival Internacional Imaginarius, entre outros... Por separado, compaxinamos traballos individuais e para outras compañías xunto a docencia.
Seguindo na andadura, no 2016 formamos o Colectivo Verticalia (Duelirium + Determinada Cía) especializado na fusión de Danza Vertical e Danza Contemporánea, presentando a peza “ALMA NON É HIPPIE” no TRC Danza e dentro do marco Circo Red, Teatro Price, entre outros.
A danza, a acrobacia, a poesía e a plasticidade son a canle onde trasmitimos os valores esenciais da compañía.
O sinxelo, o humano e o afectivo, son as inquedanzas que habitan e navegan na base.
A danza, a poesía e a plasticidade son a canle onde trasmitimos os valores esenciais da compañía.
O sinxelo, o humano e o afectivo, son as inquedanzas que habitan e navegan na base.
Raquel Oitavén
Creadora Escénica, Artista de Circo Aéreo, Docente e Técnica de Seguridade en Circo.
Diplomada polo National Centre for Circus Arts, Londres. Formada tamén na Escola de Circo Rogelio Rivel e en Seguridade Aérea con Aerisc e AGATEC. Con Erasmus Plus en Circo e Integración Social. En Danza aprende de bailarins como Sharon Fridman, Laly Aiguade, Fabian Thomé, Fura dels Baus, Merce Cunningham Dance Conpany, La Pharmaco, Victoria P Miranda, Gravity & Levity.
Combina a creación de espectáculos na Cía Duelirium e a interpretación para outras compañías como Pistacatro, Aporía Escénica, Generating Company, entre outras.
Como Docente imparte clases de Acrodanza, Circo Aéreo e Pole Dance nas Academias Lodanzas, Danza Alfaia e Circonove, onde tamén xestiona actividades e proxectos culturais.
Colaboradora da revista MujerArt Magazine e integrante da APCG Asoc. Profesional de Circo de Galicia.
Mercè Solé
Ten máis de 15 anos de experiencia como docente en Técnicas Aéreas, Preparación Física e Flexibilidade, nas escolas Circonove, BSDanza. Integrante da APCG Asoc. Profesional de Circo de Galicia.