Aviadoras
Un espectáculo de Novo Circo cheo de acción
Un accidente aéreo, coordenadas descoñecidas. Dúas pioneiras da aviación, perdidas nun lugar remoto. Unhas mulleres intrépidas adiantadas á súa época, veranse obrigadas a colaborar e descubrirán que teñen algo en común: o soño de voar.
Conseguirán saír vivas desta aventura? Os aparellos aéreos postos ao servizo da aviación, da emoción, do risco, do suspense. Un avión estrelado, un paracaídas pantasma, unha corda de roupa, unha radio avariada, un trapecio feito cunha hélice, pelexas, acrobacias, danza, trampas ... A aventura está servida.

Dirección: Antón Coucheiro.
Axte. Dirección: Petra Hoffman.
Elenco: Raquel Oitavén e Mercé Sole - Cía. Duelirium.
Público: Para todos os públicos.
Duración: 20 ou 40 min., dúas versións dependendo do festival.
Técnicas escénicas: Dobres trapecio, dobres corda, acrobalance, clown. Teatro físico.
Necesidades espaciais: Chan liso e nivelado, para implantación de pórtico aéreo.
Fronte 8m | Fondo 12m | Altura 6m.
Distribución: PISTACATRO Produtora de Soños. Belém Brandido.
Contacto: (+34) 981 937 819 / 627 778 351 / distribucion@pistacatro.com