Paxaros no cabo
Unha reflexión sobre as fronteiras entre o “fóra” e o “dentro”.
“Paxaros no cabo” é unha proposta multidisciplinar, onde a danza vertical convive coa música en directo e o audiovisual, así como con outras técnicas circenses, para crear un traballo coral que investiga o límite entre o interior e o exterior das persoas, tanto física como emocionalmente. Nunca como ata o de agora tivemos tan presentes eses límites, que, fisicamente, se materializaron nas paredes das nosas propias casas e, emocionalmente, na separación e distancia doutras persoas.
PistaCatro propón en “Paxaros no Cabo” unha reflexión sobre as fronteiras entre o “fóra” e o “dentro”, creando unha fermosa alegoría escénica entre o corpo físico, achegado á terra, e a imaxinación, que abre portas e xanelas infinitas e onde os límites son establecidos única e exclusivamente por cada persoa.
Un personaxe, Hermes, chega a un espazo común (que podería ser calquera dos barrios nos que vivimos) para traer unha mensaxe e, se fose oportuno, recoller os que lle entreguen os habitantes anónimos que atopa, revelando así o escaso tempo que tomamos en decidir o que queremos, o que realmente necesitamos.
Estrea: 2022
Duración: 70'
Elenco: Aitor Garuz, Nacho Muñoz, Raquel Oitavén, Paula Quintas, Mercè Solé
Dramaturxia: Clara Gayo, Antón Coucheiro
Dirección de Producción: Belém Brandido, José Expósito. Pistacatro
Dirección de Movemento na Escena: Ruth Balvís
Coreografías Aéreas: Cia. Duelirium (Raquel Oitavén, Mercè Solé)
Música: Nacho Muñoz
Canción: José Díaz
Audiovisuais: Marta Valverde
Iluminación/Escenografía: Baltasar Patiño
Asistencia Rigging e Estructuras Escenografia: SACAFERRO
Deseño Imaxe: Juan Gallego
Fotografias: Rubén Vilanova
Vídeo: Tamboura Films
Redes: Paulina Funes
Oficina: Beatriz López
En colaboración da MITCF, Concello de A Baña e AGADIC
Agradecementos: Clotilde Vaello, Angélica Riego, Concellos de Santiago e Negreira, Circonove.