Vértigo

Vértigo é a primeira peza de Danza Vertical de Pistacatro e a segunda de Duelirium, aquí en Galicia.

En Vértigo de Hitchckok, se eliminamos a Scottie, quédanos ela, ou elas, as dúas personaxes que interpreta Kim Novak: Madeleine e Judi. E elas o enchen todo.

Scottie tan só é un narrador, unha inxenua testemuña da espesa arboreda feminina do filme, maduro bosque de sekoias.

Na parede, no muro ou no precipicio, a compañía Pistacatro da mán das Duelirium trata de evocar unha atmósfera dura, reptil, percorrer o trasunto que vai da unha á outra, que empeza na penumbra e remata no abismo.

As rutinas que se suceden no espectáculo parten dun entorno de investigación sen abandonar en ningún momento a vertiente espectacular das artes verticais.

Proposta artística de Pistacatro Productora de Soños.

Image
Image
Image
Image
Image
Image
Idea orixinal: Belém Brandido y Diego Anido

Elenco: Raquel Oitavén e Mercè Solé
Dirección Artística: Diego Anido
Axudante Dirección e Movemento: Paula Quintas
Deseño Aéreo: Duelirium
Vestiario: Belém Brandido y Clotilde Vaello
Asistencia Rigging: Rubén Sacaferro
Iluminación: Laura Iturralde
Música: Nacho Muñoz
Maquillaxe/Perruquería: Erea Pérez
Fotografia: Rubén Vilanova
Dwseño Gráfico: Juan Gallego
Vídeo: Tamboura
Producción e Distribución: Belém Brandido - Pistacatro Productora de Soños

Agradecementos moi moi moi especiais á colaboración estreita con Arturo Cobas Lema, Clotilde Vaello e Galicia Danza Contemporánea.
agadic
pistacatro
GALICIA ESCENA PRO
negreira
leioa
ribadavia
¿TRABALLAMOS XUNT@S?

COLABORACIÓNS E CONTRATACIÓNS